Fermoso álbum tanto polo texto de Juan Farias como polas ilustracións de Xosé Cobas, publicado por Kalandraka: Galego. Á beira do mar é a poesía das lembranzas dun home maior, o seu amor, a súa vellice, a convivencia cotiá, o paso dos anos... Domina a tenrura acaída por unhas ilustracións fermosamente lenes e profundas que nos fan sentir o paso e o peso dos anos xunto ao Rapaciño xa vello, só, que segue a falar coa súa amada na ausencia definitiva. Un libro extraordinario que provoca que, ao pechalo, pechemos tamén nós os ollos na procura dunha dorna e soñar.
"Rapaz, Rapaciño, chamábanlie O Rapaciño. O nome propio e mais os apelidos caéronlie a por de non usalos... O Rapaciño, para todos, era o filio de Peixeira, o pai da Roxa, o avó do Pencas."
Engadimos esta ligazón que nos chega grazas á compañeira Rosa: un incrible traballo o realizado dende a biblioteca do CEIP de Pazos sobre Juan Farias.

4 comentarios:
Desde a Biblioteca Xoán Farias, a Biblioteca do CEIP de Pazos, traballamos co libro "Galego. Á beira do mar" polo Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Recollimos todas as actividades realizadas nun gloster, que aquí vos deixo.
http://chispazos.glogster.com/galego-beira-do-mar
E todas as actividades que levamos feitas sobre "o noso" Xoán Farias en:
http://biblospazos.blogspot.com/search/label/Juan%20Farias
Apretas desde o CEIP de Pazos - Ferrol.
Ola Rosa. Se te fixas, a ligazón que tiña escollida para o libro foi precisamente o voso Gloster, xa que me chamou a atención (é unha marabilla) cando o topei. Parabéns polo voso traballo.
Apertas
Moitas grazas a TRAFEGANDO RONSEIS por esa reseña tan fermosa e ao CEIP DE PAZOS por ese estupendo traballo sobre a obra de Juan Farias.
Grazas vós por nos arruinar os petos cada día!!!
Publicar un comentario