Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/08/11

Gárgolas

Coñecín o outro día na Coruña esta case-nova editorial que traduce para a nosa lingua cómics clásicos. Xa só con iso abonda: ler en galego a Spirou e Fantasio, Súper López... non era antes posible. Polo que moitísimos parabéns por nacer: ogallá teñades unha longa vida e poidades verquer moitos cómics ao galego. Estou a falar de Cerditos de Guinea, e os cómics que eu lle merquei son os dous primeiros tomos de Gárgolas.
Gárgolas. O Viaxeiro, e Gárgolas. A chave do tempo son de D-P Filippi con debuxo de J. Etienne. Un cómic de aventuras dun neno que é quen de viaxar no tempo (ao século XVII) e vivir tan extraordinarias aventuras como facerse amigo das gárgolas da colexiata que está xusto enfronte da súa nova casa. E non só iso, senón que será el quen teña na man salvar o mundo.
Gustaranvos.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.