Non pensaba polo título estar ante unha novela que enganchase tanto. Pero así é. C
omo ocorre, en realidade, con todos os títulos que publica Salamandra, La acabadora de Michela Murgia é unha boa novela. Un argumento que nos achega a costumes ancestrais italianos e que fala da morte dende unha perspectiva diferente e totalmente innovadora. Xustamente é este motivo o que dá título á novela, e o que fai que o argumento vaia medrando lentamente, sen sabermos nós, os lectores, nin a propia protagonista de que se trata ata ben avanzado o tempo, aínda que teñamos máis sospeitas, posto que non coñecemos a existencia de tales "profesións" pero intuímolas. De prosa exquisista, ben temperada, imos avanzando no tempo e imos convivindo nese lugar de Cerdeña onde os costumes que se nos contan chegan a abraiarnos.
Curioso, non aparece a palabra "eutanasia", pero pensamos nela continuamente. E admiramos a narración e os feitos, cunha envexa sá de que o xusto se vexa como o que é. Necesario.
Hay pensamientos que, como los ojos de las lechuzas, no soportan la luz diurna. Sólo pueden nacer de noche y cumplen la misma función que la luna, necesario para cambiar de sentido mareas en algún recoveco invisible del alma (Pag. 106)

Sen comentarios
Publicar un comentario