
Un libro triste e fermoso que deixa pegada... con tan só cen páxinas. Con detalles exquisitos coma os nomes: os triunfadores necesitan un dobre MM!
Non sei, pareceume dunha exquisitez soberbia: que a vida tan insufrible da protagonista poida ser rescatada pola ficción dos filmes que ela contempla, o feito de que a narración ás veces adianta o que vaia suceder despois cunhas pinceladas, a destrutora aparición da televisión... Un libro inesquecible, veredes.
«Mientras tomaba mi taza de té y me preparaba a contar la película de pie contra la pared blanca, mi padre no se cansaba de repetir a sus invitados que aunque la película fuera en blanco y negro y a medida pantalla, esta niñita, compadres, parece que la contara en tecnicolor y cinemascope.»
Sen comentarios
Publicar un comentario