Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/08/11

La niña desdichada


Alguén de vós é capaz de adiviñar canto tempo estiven na caseta de Libros del Zorro Rojo en Viñetas dende o Atlántico? É o malo de non ter máis cartos: que non podermos mercalos todos e hai que elixir. Por riba, só podía elixir un. E desta volta tiña claro que quería un de Edward Gorey, polo que me deixei aconsellar pola encantadora representante da editorial: La niña desdichada. Abofé que é unha pequena xoia: humor negro levado ás últimas consecuencias sen ningunha concesión á esperanza; todo no libro é unha pura traxedia que fai que a alma do lector vaia devecendo con cada páxina ata petrificarse na última páxina. As ilustracións que acompañan o texto, tamén de Gorey, son delicadas e precisas, en branco e negro -coma o texto-, e todo nun libro de pequeno formato moi axeitado que constitúe unha alfaia relucente nos andeis da libraría.




8 comentarios:

yoli dixo...

Este libro non me gustou, é moi triste a desgraza da nena vai a peor, pero é todo unha realidade hai personas que teñen unha vida peor...

rafa dixo...

este libro é moi triste porque á rapaza ocorríanlle moitas desgrazas

brais dixo...

non me gustou o libro porque é moi triste, ten unhas ilustracións moi bonitas

ivan dixo...

este libro non me gustou moito...foi moi triste como a trataban

Cris dixo...

Non me gustou o libro, paréceme moi forte a vida desa nena, porque na vida real tamén hai nenas que están a sufrir iso.

martin dixo...

este libro non me gustou moito aínda que é interesante

carmen dixo...

este libro é moi triste, pobre rapaza non sae dunha desgraza e métese noutra

Noemí dixo...

Este libro pareceume moi triste, polas desgrazas da rapaza que lle van cada vez a máis.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.