Se hai algo que caracteriza a este escritor, é o uso maxistral que ten da palabra. E volve Javier Marías a demostralo en Los enamoramientos, publicado por Alfaguara. Lin por aí que o que di nesta novela ben podería resumirse en cen páxinas, pero... como escribe este home! Ten un dominio da linguaxe, un poder da palabra escrita, que fai que as 400 páxinas deste libro se lean sen esforzo, con interese, sen intriga, pero si cun certo nerviosismo que non se resolve coa finalización da lectura, posto que a veracidade do argumento resta na imaxinación do lector, aboia, para que este se pregunte se en realidade puido suceder ou non o que alí se conta. Esa é a súa maxia.
Posto que nun principio non maxinabamos tales aconteceres, uns datos que se non van dando mesmo coma se o propio autor se marabillara con eles, buscando despois de cada páxina unha confirmación ou unha negación que non nos será procurada. Baixo un aparente acto casual vanse desgranando sentimentos, emocións, namoramentos... baixo unha óptica de dor e mesmo de sarcasmo que nos emociona profundamente. O mérito é sobre todo cavilar. Porque o que consegue Javier Marías é que o lector se poña na pel da dos protagonistas, que matine nas súas accións e nas súas palabras, que procure o seu lugar e crer ou non no amor, na morte, na enfermidade... e no esquecemento. Porque ao rematar o libro o lector sente uns irreprimibles anceios de verse na pel dos personaxes e xulgar. Xogar a ser xuíces ou xogar a ser personaxes, xogar a amar por riba de asasinatos ou conmiseracións. Amar e ser amado.
E a gozar coa súa prosa.

4 comentarios:
Non sei como é o uso maxistral que ten da palabra o autor, pero coas túas palabras dan ganas de comezar a ler o libro agora mesmo!
Pasarei o título á lista de libros pendentes!
Un bico.
Cantos libros tes pendentes, querida Cris?
Máis dos que quixera...
Pero para a túa tranquilidade lin 2 libros este verán!
A miña próxima aventura será "Dime quién soy" de Julia Navarro.
Unha aperta.
2 libros! En fin, menos dá unha pedra!
Publicar un comentario