Recuperando vellas lecturas por mor de recomendacións para o alumnado, volvo a este De ratos e homes de John Steinbeck, en galego grazas á editorial Galaxia. Nada novo teño que dicir dun libro de sobra coñecido, agás que non debemos esquecer que temos estas xoias en galego, alfaias que deben estar presentes nas nosas listas de libros recomendados. Ás veces estamos tan obcecados mergullados nas novidades que non lembramos libros clásicos, ben sexan da nosa literatura ou verquidos á nosa lingua. Un libro para todas as idades a pesar de formar parte da colección xuvenil "Costa Oeste". Unha traxedia anunciada dende o principio, contada de xeito case vertixinoso, ao que contribúe o feito de ser unha novela curta, pero sobre todo unha historia tenra e conmovedora que non deixa indiferente.
Está ben interesante esta páxina que topei con críticas do libro dende todas as perspectivas: axudarannos a ter unha visión do conxunto e das diferentes formas de pensar e de analizar un libro que existen. Ide alí e tomade a molestia de lelas, só vos levará un anaquiño de tempo.

3 comentarios:
Estas son as historias ben contadas. Estes son os libros que nos fan que pague a pena sentar e disfrutar e tamén emocionarnos con algo tan triste.
Consultei a páxina web da que puñas o enlace e me gustou (un libro al día), a meto en favoritos.
Saúdos
Sempre está ben atopar "favoritos"... se non hai demasiados para seguir!!!
Publicar un comentario