Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/09/11

El viaje

Edmon Baudoin realiza en El viaje, publicado por Astiberri, un formidable traballo de epresividade comiqueira. Hai unha combinación de debuxo e poesía que resulta do máis atraente, converténdose nun cómic totalmente seductor que axuda o lector na súa propia viaxe liberadora.
Sen un argumento demasiado orixinal (oficinista que foxe da súa existencia gris para liberar o seu ego), o que máis me gustou foi o debuxo, como as cabezas se van refigurando en axuda das emocións; isto fai que o cómic se convirta, sobre todo, nunha gozada visual. O seu debuxo é unha auténtica suxestión, insinuando todo o que por detrás estase a narrar. Por iso os trazos converten en cómic a nosa propia existencia, porque a viaxe interior cara á madureza vital vén dada neles máis que nas palabras. E así é a existencia.
Fermosísimo.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Viaxe liberadora, oh! que ben sona isto. Aínda acabo de reincorporarme e xa teño ganas de largar de novo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.