Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/09/11

Hicksville

Gustoume moito esta novela gráfica de Dylan Horrocks, Hicksville, publicada por Ediciones del Ponent. Chama a atención que se anuncie xa como "novela gráfica" na súa edición do 2003. Creo que vén de ser reeditada por Astiberri.

O que ten de especial este cómic é que é un cómic sobre cómics, un xeito de amalos tan espontáneo e grandioso que unha frase non pasa desapercibida cando lemos:

- Esto… me he dado cuenta de que usted tiene bastantes cómics, señora Hicks.
-¡Santo Cielo! Como todo el mundo, ¿no?


Hicksville é un lugar que non exite, pura utorpía: un lugar que vive por e para o cómic, un lugar en que todos e cada un dos seus habitantes son lectores ávidos de cómic, tanto que son verdadeiros expertos e posúen unha biblioteca impensable chea, mesmo, de incunables. Arredor do cómic xirará a historia principal e as secundarias, destilando sobre todo a defensa como arte literario e pictórico deste estilo, unha vila que medra arredor deste ben o demostra.
E todo este amor conséguese en branco e negro, sen grises, con trazos sinxelos, sen máis florituras que a mestura de historias e os saltos espazo-temporais continuos

2 comentarios:

anxoboiro dixo...

Pois eu tamén a lin hai uns meses e tamén me gustou bastante. A portada do que lin eu é distinta, debe ser a reedición de Astiberri.
Saúdos

Ronsel dixo...

A min deixáronmo, e era, efectivamente, a edición antiga. Por iso a puxen, porque foi a que lin.
Saúdos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.