Precioso álbum publicado por Ediciones Ekaré, La composición é de Antonio Skármeta con ilustracións de Alfonso Ruano. Unha demostración de que o álbum serve para falar de calquera realidade política de xeito que calquera poida achegarse a ela, entendéndoa. As ilustracións son realistas, coa necesaria dramatización.
A historia desenvólvese nun país calquera latinoamericano, nos anos 70. Inevitable pensar en Chile, pero non hai ningún dato no libro que o especifique. Simplemente, o lugar dá o mesmo para falar de falta de liberdade, de intolerancia, de terror. Mesmo consegue momentos de tensión mentres non avanzamos na lectura. Está moi conseguido o retrato da intelixencia infantil, o feito de se percatar do medo, da inxustiza, da incomprensión. Porque un neno debe xogar e ser feliz, pero tamén observa e responde.

7 comentarios:
Pareceume bonito, pero moi triste, porque os maiores sempre se queren aproveitar dos nenos pequenos.
este conto non me gustou moito, por como estaban os rapaces
este libro é moi triste, maligno porque utilizan os nenos pequenos para averiguar que fan os pais pola noite pero este neno é moi listo é contalle unha mentira
Este libro non estivo mal, e o rapaz foi moi listo ao non delatar os pais.
Este libro é un libro triste... fálanos dunha dictadura e de como os xenerais usaban os nenos a traves dunha redacción para saber se eran demócratas e poder prendelos.
gustoume este libro pola forma de contalo e as ilustracións que ten
este libro é moi triste xa que fala moito da dictadura e usan aos rapaces para saber o que fan os pais.
Publicar un comentario