Xa sabedes canto me gusta Manu Larcenet, por iso cando vin este par de álbums que contiñan o seu nome, non me puiden resistir. Los mundos intermedios son dous cómics, Lazarr e Las aguas pesadas, publicados por Norma, ambos asinados por Manu Larcenet e o seu irmán Patrice. Aínda tendo o selo inconfundible do autor, as historias son realmente sorprendentes, posto que falan -que estraño- deses mundo intermedios dos que normalmente non queremos falar nin pensar. Ou máis ben narran as ganas de vivir aínda que sexa aí. Porque estar vivo significa loitar, amar, odiar, sentir, e os personaxes destes dous libros están moi vivos ou así se senten, estean onde estean.
Deixádevos envolver pola frescura e mestría deste autor que sempre logra sorprendernos.
Deixádevos envolver pola frescura e mestría deste autor que sempre logra sorprendernos.
Sen comentarios
Publicar un comentario