Frederik Peeters realiza con Lupus, publicado por Astiberri, unha proposta ben interesante e diferente, xa que é unha historia de ciencia ficción atípica. Atípica posto que nela non imos atopar a acción que se podería esperar, senón máis ben todo o contrario. Do que se fala neste contexto tan diferente é de Sentimentos. Así, en maiúscula. De amor, de compañeirismo, de amizade, de soidade, de sexo, de vellice, de paternidade, do paso á idade madura, da Existencia en si mesma. Así o protagonista principal, que pretendía illarse dun mundo que non comprendía, terá que ir madurando co paso de cada folla, sobre todo con cada nova parte (son catro) e comprenderá que o desexo máis importante, por riba de todo, é o anceio de vivir. De que as pequenas cousas son importantes. Por iso, este cómic consegue que o lector se pare a cavilar máis alá das palabras e dos trazos en branco e negro que temos diante. Porque somos humanos, e sentimos, o autor sabe chegar a nós con esta obra.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
2 comentarios:
Que boa pinta!
Pois sí, unha pinta estupenda e co que me gustou Píldoras Azules non mo quero perder!
Publicar un comentario