Un moi curioso libro este Pudor y dignidad de Dag Solstad publicado por Lengua de Trapo. Unha lectura diferente, que recomendo a profes de literatura e filosofía sobre todo, por canto nela se desenvolve. Non podo dicir que me encantou, só que me chocou e ao mesmo tempo interesoume, querendo saber máis, mesmo o porqué do título. Un profesor de literatura que ten un momento de loucura, acabando coa súa carreira e profesión, é motivo suficiente para querer seguir lendo. A saber... Pero sobre todo a novela fala da infelicidade, agochada baixo un prisma social favorable (familia, traballo...) pero infelicidade ao fin e ao cabo: unha "mentira vital" coa que debe convivir cada día que se ergue e cada noite que remata bañándose en alcol.
Non agardedes unha lectura doada: a prosa de Solstad é obsesiva e mesmo repetidora, precisará da vosa concentración e afondará na posterior reflexión sobre moitos dos temas que trata: traballo, literatura, filosofía, soidade, amor, familia, sociedade... Comprenderemos como este protagonista existencia acaba salaiando e berrando porque a súa vida é a que é, e non é precisamente ningunha bondade, malia o que poida parecer.

Sen comentarios
Publicar un comentario