Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/09/11

Voces que susurran

Aínda que son eu unha fan declarada de John Connolly, non foi este Voces que susurran dos libros que máis me gustou. Desde logo, se alguén non leu nada deste autor, pediríalle que non comezase por esta novela. Usa Connolly un recurso que xa utilizara anteriormente e que eu, particularmente, gosto menos del: a aparición de seres case sobrenaturais, a medio camiño entre o ceo e a terra, ou algo así. E a min isto é o que máis me molesta. Deixemos estar a novela negra como está: coa forza arrolladora que ten a súa mestría narrando este tipo de literatura, deixémonos de seres que non son de aquí. Porque coa maldade que temos na terra chega e sobra, realmente, para afondar na nosa sociedade dende ese punto de vista.
Si temos, ademais de a Charlie Parker, á súa parella de asasinos gais Louis e Angel, con pouco protagonistmo desta volta, algo que mesmo botamos de menos, polo que teñen de adictivos e de "case entrañables" noutras novelas do autor. Neste libro, Connolly decide facer unha intrusión nunha parte da sociedade norteamericana moi importante: que ocorre cos soldados que volven da guerra? E, coma sempre, está un xeito de contar as cousas que nos atrapa dende a primeira liña, cunha sucesión de personaxes que aparecen e desaparecen pero que non esquencemos, dadas as súas peculiaridades.
Non poderemos deixar de ler ata rematar, como sabemos que nos pasa con Connolly. Pero non queda o mesmo sabor de boca...


6 comentarios:

Xabi dixo...

Pois mira ti, chacha, o que son as cousas: eu descubrín ao Connoly por esta novela e quedei entusismado. Tanto que me comprei a colección enteiriña coa idea de lela nestas pasadas vacacións. Así que, xa o primeiro día de praia, púxennme coa 1ª da saga: "Todo lo que muere"; e ¿queres ver ti que non fun capaz de rematala? ¡Que cousas ten isto da lectura e dos gustos!

Ronsel dixo...

Estaba escribindo e estaba a pensar en ti "a que Xabi comezou por esta?". Pois vale, pídoche que lle deas outra oportunidade, le a segunda, e xa me contarás. "Perfil asesino" é a miña preferida, creo... pero non as lin todas, conste.

Xabi dixo...

Ah! Eu pensei que fixeras unha tese de doutoramento sobre o tal señor...

Ronsel dixo...

...e mira que es ben ruín!!!

anxoboiro dixo...

Ola, non lín nunca nada de John Connolly, anoto Perfil asesino para empezar.
Saúdos
Anxo

Ronsel dixo...

Encantada de volverte a ter entre nós, Anxo. Xa nos contarás se che gusta Connolly, entón.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.