Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/10/11

El mayor Pettigrew se enamora

Que ben veño de pasalo coa lectura de El mayor Pettigrew se enamora de Helen Simonson publicado por Salamandra! Aínda teño un sorriso parvo debuxado na face mentres me sento aquí para falarvos desta novela que vos entreterá tanto que no poderedes parar de lela ata rematala. Iso si, advítoo: final feliz incluído. Porque aínda que é unha crítica á socidade inglesa máis tradicional, ten un sentido do humor tan delicioso que mesmo te esqueces da estupidez humana nesta sociedade tan recalcitrante, e botarás unhas boas gargalladas en lugar de enfadarte coa actitude imbécil dalgúns dos personaxes que o libro retrata.
Aínda que nos situemos moi lonxe do protagonista, este nos namora dende o comezo, coa súa sutileza e as súas axeitadas intervencións. A ironía exquisita que acompaña cada páxina recolle con fascinación un mundo cambiante e contraditorio que algún día aceptará o que é: a súa diversidade. E mentres, leremos sentimentos e accións na procura dun final acaído que non podía ser outro. Agardando que a vida non sexa sempre cruel!

Lo único que sé es que debo intentar verla. Eso es justamente el amor, Roger. Es cuando una mujer aparta de tu mente cualquier pensamiento lúcido; cuando eres incapaz de concebir estratagemas románticas y cuando las manipulaciones habituales te fallan; cuando todos tus planes, tan cuidadosamente elaborados, no significan nada; y cuando en su presencia eres incapaz hasta de hablar...



2 comentarios:

Xabi dixo...

Bueno, bueno. Xa pensei que non iamos coincidir máis nas nosas lecturas...pero unha vez máis os nosos camiños lectores volven confluir... ¿Gostouche?

Pódoche dicir que, aos dous meses de remata a novela, inda non parei de rir cada vez que me acordo do Mayor P. Que prodixio de imaxinación creadora e que finísimo sentido do humor o desta muller! Que non daría eu por pasar unha tarde charlando con ela!

Ronsel dixo...

Que ben! Coincidimos! Si que me gustou, non podía ser doutro xeito. Que frases bota ese home, coma se nada. Unha marabilla. Paseino en grande.
Ves? Se ao final coincidimos bastante...!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.