Recoméndovos este libro, coma sempre, por ser un álbum ilustrado fermosísimo pero tamén a todos aqueles que gustades das matemáticas (veño de ensinarllo a Anxo e xa me confirmou que el tamén o quere). O libro Fibonacci. El soñador de números é de Joseph D 'Agnese con excelentes ilustracións de John O'Brien, publicado pola editorial Juventud (en catalán e en español!!!). O álbum é en realidade unha biografía de Leonardo de Pisa ou Pisano Leonardo Leonardo Bigollo (c. 1170-1250), tamén chamado Fibonacci, un neno que soñaba cos números sen que ninguén o comprendese. Un home que foi un dos maiores matemáticos da historia, coñecido sobre todo pola secuencia Fibonacci. Un libro moi interesante dende o punto de vista divulgativo e biográfico: deses que non abondan. Libros coma este son necesarios, ogallá se publicase tamén na nosa lingua.
Porque soñar, aínda que non te comprendan, é importante, e non se debe renunciar aos soños.
As ilustracións son verdadeiras obras de arte.
Ao final trae xogos matemáticos de moita utilidade nas aulas.
Aquí podedes ver un vídeo sobre o libro en inglés.
Porque soñar, aínda que non te comprendan, é importante, e non se debe renunciar aos soños.
As ilustracións son verdadeiras obras de arte.
Ao final trae xogos matemáticos de moita utilidade nas aulas.
Aquí podedes ver un vídeo sobre o libro en inglés.
7 comentarios:
Mira por donde se aprende a xogar cos números e tamén coñecer mundo.
Eu voume a atrever a recomendar outro libro:
Fibonacci. El primer matemático medieval.
Autor: Ricardo Moreno Castillo
Editorial: Nivola
Só son 100 páxinas, pero para os que sexan capaces de aturar as matemáticas.
Se é de Nivola, é un bo libro... para especialistas. Este éche para que leas cos teus fillos sen aburrilos coas túas mates!
Moi recomendables os dous!
Quina casualitat, divendres el vaig comprar per la biblioteca!
E a que che encantou?
Està ben escrit.
Es fácil de entender y las ilustraciones son bonitas.
y me encantan los números: 1,1, 2, 3, 5, 8, 13...
Publicar un comentario