Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/10/11

Julia, la niña que tenía sombra de chico


Boísimo. Este álbum é un deses libros que cando os cerras volves a abrilos máis dunha vez pensando "que bo que existan libros así". Publicado por primeira vez en Francia no ano 1976 e recuperado agora por El Jinete Azul, Julia, la niña que tenía sombra de chico é de Christian Bruel e Anne Gallande con ilustracións en branco e negro de Anne Bozellec. Falamos de tabús e de identidades, de discursos preestablecidos e de caracteres que loitan por seren eles mesmos, falamos de lección de humanidade e de loita por ser un mesmo. Falamos de Dereitos. E sobre todo, falamos de Respecto. Porque podemos medrar sendo diferentes e debemos loitar para que precisamente esas diferenzas poidan ser construídas en liberdade.
As ilustracións son un acompañamento perfectos, suxestivo e completador, mesmo con toques ameazantes e enriquecedores ao propio texto.
Un gran libro para traballar con el na aula.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.