Non sei a razón de que este magnífico libro sexa un mini-álbum, pero como o tamaño non é o que importa prégovos que o teñades en consideración. Eu cheguei a el porque as ilustracións son de Benjamin Lacombe, e iso para min xa era suficiente. Pero, ai!, cando lin o texto...!!!
Cécile Roumiguière aborda en La niña silencio -publicado por Edelvives- o tema do maltrato infantil. E achégase a el dun xeito delicado e comprometido, mediante metáforas, pero con esperanza. As ilustracións, non podían ser doutro xeito, son fermosísimas en tons vermellos, con ese toque tan Lacombe que me ten totalmente prendida do seu traballo.

8 comentarios:
este libro é moi triste porque maltrataban a nena
É un libro moi bonito pero moi triste,trata dunha nena que é maltratada polos seus pais.
Pareceume super triste, pero ao mesmo tempo moi bonito. O que máis pena me dá é que na vida real pase o mesmo que o que lle pasa á nena no conto.
Este libro é moi triste, é horrible que os pais lle peguen sendo tan pequena
Pareceume super triste, pero ao mesmo tempo moi bonito. O que máis pena me dá é que na vida real pase o mesmo que o que lle pasa á nena no conto.
este libro gústame porque é moi realista e conta o martirio que desgraciadamente sofren moitos rapaces
este libro non me gustou porque é moi triste e moi aburrido
Este libro está ben para explicarlles aos nenos pequenos o maltrato dos pais cos fillos. É triste, pero é a realidade.
Publicar un comentario