Kalandraka publica este case terrorífico relato de Mercedes Neuschäfer-Carlón coas fermosísimas ilustracións de Dani Torrent, quen recoñezo que me ten totalmente enfeitizada. Mefi, Sata e Demi son tres nenos que son máis un pesadelo ca outra cousa, pero que o son porque, como adoita suceder, non hai ninguén que mire por eles, os queira ou os coide. Non podemos pensar outra cousa, vendo os nomes, abreviaturas de Mefistófeles, Satanás e Demo.
E é que está claro que esta lectura require unha certa idade, porque asustar ata os maís grandes: un ambiente misterioso, unhas descricións infernais... que chegan ao límite ao remate, cando recibamos con sorpresa, nun final aberto, que nada é como parecer e que o candor ou a inocencia pode derivar no máis delirante dos segredos... Ofrecémosvos o inquedo como final deste comentario.
As ilustracións, repítome, apaixóanme: redondeces e perspicacia para acompañar un texto alucinante.

Sen comentarios
Publicar un comentario