Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/10/11

O meu avó Carmelo



Coa calidade á que nos ten acostumados Kalandraka, ve a luz este fermoso álbum de Dani Torrent, O meu avó Carmelo. Unha homenaxe ao amor que se sente polos avós, ás súas ensinanzas, un libro sobre o paso do tempo, o proceso de madurez e a perda dos seres queridos, dende a delicadeza e a tenrura. As ilustracións son extraordinariamente fermosas, nelas aparecen moitos elementos relacionados co correo, integradas artisticamente coas figuras que resaltan pola dozura e a delicadeza.
Precioso.


O meu avó Carmelo tiña un xardín. Cando eu era pequeno pasaba alí as tardes placidamente. No solpor, o meu avó contábame historias de terras afastadas, de lugares onde viaxaban as andoriñas ao acabar o verán.

–As andoriñas viaxan tanto, que xa aprenderon a linguaxe das nubes –dicía o avó.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.