Un fermoso texto e unha fermosas ilustracións é o conxunto que conforma O tesouro agochado de Paul Maar e Isabel Pin publicado por Kalandraka, libro que pasa a formar parte do listado de libros de lectura par o primeiro ciclo da ESO. Metáfora sobre a codicia e o amor, o libro lévanos de paseo polo mítico Oriente e fainos evocar os contos das "Mil e unha noites" e a mellor tradición oral, por canto emprega axeitados recursos desta. Unha viaxe de madureza emocionante non exenta de moralexa.
As ilustracións gustáronme moito: domina o ceo e a terra e os humanos non son seres pequeniños que se renden á natureza.
As ilustracións gustáronme moito: domina o ceo e a terra e os humanos non son seres pequeniños que se renden á natureza.
Sen comentarios
Publicar un comentario