Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/10/11

Redondo

A editorial Thule -como non!- pon nas nosas mans un libro Redondo: non podía chamarse doutro xeito sendo como é completamente redondo, de aí unha parte da súa orixinalidade. O texto é de Pablo Albo e as ilustracións de Lucía Serrano. O formato tan especial compleméntase coa historia poética e disparatada que se conta no interior, onde ata unha chiscadela ao lector chama a atención posto que o propio libro é protagonista na historia.
Un deses álbums que é imposible que pase desapercibido. Se o vedes nunha libraría abrirédelo seguro.


"Una inquieta mariquita quiso conocer su planeta... Metió en una maleta su camiseta violeta, unas migas de galleta, un pedazo de chuleta, media croqueta (porque estaba a dieta) y, haciendo piruetas, partió en su bicicleta".


8 comentarios:

rafa dixo...

este libro gustoume porque todas as palabras rimaban

yoli dixo...

Este libro pareceume moi repetitivo pero moi bonito para contarlle a nenos pequenos je je je..

carmen dixo...

Este libro é precioso, encantoume como rimaba cada dúas palabras escritas

martin dixo...

este libro é moi infantil, é bo para rapaces de tres anos

ivan dixo...

este conto pareceume moi símpatico, gustoume moito

Noemí dixo...

Este libro é entretido non estivo mal, pero creo que aos nenos máis pequenos lles gustaría máis que a nós.

brais dixo...

este libro gustoume pola forma que ten e polas ilustracións

Cris dixo...

Este libro é moi gracioso, parceume chulo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.