Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/11/11

Censurado por inapropiado

Alucinei estes días. Primeiro chegoume por un correo dun amigo, informándome. Logo, xa o vin na rede e no Planetaki de Normalización, ao que vou todos os días.
Un blogue que debe ser pechado porque é inapropiado segundo os seus compañeiros. Claro que non é a primeira vez que ocorre: tivemos un exemplo ben claro non hai moito e moi preto de nós (fisica e emocionalmente). Así, o CEIP Campolongo deixa de ter un blogue para o seu equipo de Normalización, xa que foi censurado (vendo o texto da "censura" teriamos que engadir que a quen asina cómprelle un curso acelerado de lingua galega: "expone" e "habendo atopado"... déixanos sen palabras, se é que nos quedaba algunha) e o profesor conformarase con ter un blogue persoal, para que non lle poidan dicir ren. Isto, na democracia da Galiza do século XXI. Para a historia, ou para a nosa intrahistoria, queda. E é que debemos saber ben o que é apropiado ou inapropiado.
Por favor, premede nas ligazóns para entender e seguir o proceso. Abraiad@s quedaredes.

Enlace
Recoméndovos que vaiades a este blogue que me veñen de facilitar onde, se chegades por favor a ler todos os comentarios, queda moi explicado: "Directores pelotudos e inspectores ociosos".


1 comentario:

Anónimo dixo...

Colexio do centro centrísimo de Pontevedra onde se respiran (observo)aires rancios nada máis achegarse ó equipo directivo no que o director é omnipresente co beneplácito da maioría. Non me estraña

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.