Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/11/11

Descubrindo a Ana

Este curso imparto aulas en 2º de ESO, tentando ler e escribir o máximo posible. O outro día vin que un papel ía de man en man e preguntei de que se trataba: era un escrito dunha das alumnas da clase: Ana. A verdade é que quedei abraiada polo descubrimento. O que non logro entender por que o fai en castelán cando ela é galego-falante. Cando falei con ela contoume que escribe a cotío e que le a Pablo Neruda.
Por iso non podo deixar de amosárvolo:

Las arrugas de aquella señora comprando el pan, caminando lentamente de regreso a casa. A preparar comida para dar y luego quitar el plato que sobra creyendo que está menos sola si pone la televisión. Las arrugas de la sonrisa de la niña que está dejando de ser niña y besa como si no hubiera mañana. Las arrugas del hombre de mediana edad que nunca tiene pan a la hora de comer y hace mucho tiempo que no sonríe de verdad. El que pasea buscando algo y no sabe el qué y al llegar a casa escribe que no tiene nada más que nostalgia. Las arrugas en el lomo del gato que vive en el bajo de aquel edificio. El que adora el sol y se tumba a ver pasar las horas por su lomo mientras la señora del pan le deja unos trocitos. El que se sube a la azotea a pensar alguna que otra cosa mientras la noche se vuelve naranja. Las arrugas en la frente del hombre que está en el hospital mirando desde su ventana, intentando observar algo de esperanza al fondo del horizonte. Recordando cuando cogía el coche y se perdía por carreteras rectas, interminables, recordando que era más libre que nunca y que esa libertad no será suya de nuevo. Las arrugas que me siento en el campo a imaginar vidas. Rutinas.


Pedinlle que escribise en galego e mandoume isto:

Os recordos veñen sós, cando queren. Entran na túa cabeza sen ningún permiso. Veñen, van; veñen, van; veñen… Provocan dor de cabeza, crean sorrisos, fan saltar bágoas, producen gargalladas. E veñen cando menos o esperas, ou cando menos o necesitas. Ves ese detalle que compartiches con esa persoa, unha imaxe da primeira viaxe coa túa familia, unha canción… e miles de efectos aparecen nas túas tripas, na túa cabeza, en todo o teu ser… E é inevitable, non podes facer nada para que iso non pase, porque os recordos non se esquecen, non se apagan, non se desconectan. Permanecen aí, gardados, e non ai ningún botón de “eliminar”. As veces e bo recordar aqueles tempos, cando non eras mais que un neno que corrías, xogabas, e non tiñas complexos. Pero creces, e máis recordos invaden a túa mente, algúns son recordos malos, os que ao fin e o cabo, fante máis forte.

7 comentarios:

Maria dixo...

Excepcional!

Ronsel dixo...

Si que escribe ben, si: que está en 2º da ESO!!!

Xabi dixo...

Alumnas así reconcíliante co ensino, eh?

Ronsel dixo...

Xabi, volviches!!!

Xabi dixo...

Como que volvín? Eu non me tiña ido...! Estou aí, no meu recuncho, silencioso e escoitando...

Ronsel dixo...

Pois eu non sabía que estabas... así tan caladiño é imposible sabelo, non cres? Iso é o malo das novas tecnoloxías: requiren "ruído". E eu botábate de menos.

paideleo dixo...

Esa Ana promete muito !.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.