Veño de ler o Premio Xerais de novela 2011: Extramunde de Xavier Queipo. Estamos a falar dunha boa novela moi ben escrita, con gran capacidade descritiva, que se desenvolve en pleno século XVI cando as vidas valen o que o Santo Oficio permite. Un libro que desenvolverá a súa historia a bordo dun barco que debe navegar na procura do máis alto dos nosos anceios: a liberdade, construíndo así unha novela de aventuras precisa e equilibrada que, para min, chegará á súa máxima plenitude na última parte da novela, cando o último protagonista terá que chegar a ser un indíxena máis nunha selva perigosa e afastada. Esta última parte creo que é cumio de toda a historia, a que semella máis interesante e a que resulta máis próxima para un lector ávido por chegar a adentrarse nesa maraña de posibilidades que a novela enleou nas súas páxinas. Novela de aventuras e de personaxes, posto que moitos deles resultan de en por si altamente interesantes. Gústanos o cego de Zas como narrador oral ou "contacontos", o naturalista que escribe o seu diario, ou a importante virtude que amosa Paulos co seu don de linguas; todos eles son protagonistas posto que non podemos asegurar que a novela presente un só, senón que cada parte dálle máis importancia a un personaxe diferente.
Pero, e voulle poñer un "pero", o libro resulta frío, e por frío entendo que non logra conmoverme, que non chego a preocuparme polo que lles poida ocorrer aos personaxes, que non os percibo coma meus. É unha gran novela, que entra pola porta grande na nosa historia literaria, pero o obxectivismo e o distanciamento que o autor provoca na súa escrita constitúe para min unha lacra á hora de "sentilo" posto que non logra transmitirme a lóxica indignación ante as inxustizas ou a preocupación nerviosa en calquera de tantos avatares contra os que esa curiosa tripulación ten que loitar. Faltoume a emoción que como lectora me gustaría sentir nunha novela cargada de aventuras, desventuras, loitas, medos, desexos e afliccións. Esa emoción que procura un libro cando non podes deixalo de lado nin cando non podes facer outra cousa máis que pensar nel constantemente, desexando volver a abrilo e viaxar con el a ese século que nos describen.
Pero, e voulle poñer un "pero", o libro resulta frío, e por frío entendo que non logra conmoverme, que non chego a preocuparme polo que lles poida ocorrer aos personaxes, que non os percibo coma meus. É unha gran novela, que entra pola porta grande na nosa historia literaria, pero o obxectivismo e o distanciamento que o autor provoca na súa escrita constitúe para min unha lacra á hora de "sentilo" posto que non logra transmitirme a lóxica indignación ante as inxustizas ou a preocupación nerviosa en calquera de tantos avatares contra os que esa curiosa tripulación ten que loitar. Faltoume a emoción que como lectora me gustaría sentir nunha novela cargada de aventuras, desventuras, loitas, medos, desexos e afliccións. Esa emoción que procura un libro cando non podes deixalo de lado nin cando non podes facer outra cousa máis que pensar nel constantemente, desexando volver a abrilo e viaxar con el a ese século que nos describen.
9 comentarios:
Ía raudo a mercalo... ata que cheguei ao teu "pero": a época, tan querida; o xénero, tan añorado; a panoplia de personaxes, tan do meu gosto... Ía lendo e dicíndome: esta é a miña! ¿Por que ten que haber sempre algún "pero"?
Por favor, Xabi, non fagas caso ao meu "pero" que é só meu e non ten que concordar co de ninguén máis. Ben seguro que os membros do xurado dirán todo o contrario. Mércao, e despois cóntasme se estás de acordo comigo ou non. Lembra que moitas veces discrepamos.
Menudo "pero"! Vivan as trapalladas policiacas que tanto se alaban aquí! E viva a saga crepúsculo, que esas si que enganchan!
Sinto ese comentario que creo que está fóra de lugar, "Dan Vrao", non sei quen es, pero se eu poño un "pero" é o que sinto como lectora. Se non estás de acordo podes amosalo con respecto e educación, nunca falei da saga "Crepúsculo", primeiro porque non a lin nin me interesa. Si que me gusta a novela negra, para min non é unha trapallada pero respecto que o sexa para ti, por suposto. E algunhas que tamén teñen "pero" xa o indico.
Grazas por participar e por seguirnos, vexo que o fas con asiduidade, a pesar de todo o mal que o facemos.
Ola, quixera darlle parabéns a Ronseis por poñer "peros" a comentarios sobre libros, non lin o libro Extramunde, non poido opinar del, pero o comentario do libro que fai Ronsel ao meu entender é un comentario bastante positivo do libro, ao ler o comentario o anoto como posible libro a ler, aínda que ten un "pero" que é importante.
Ppero en xeral considero que os comentarios que se fan de libros pecan de non soer poñer "peros" cando os teñen. Eu como lector de libros agradezo que haxa blogues que poñan "peros" nos libros comentados e que haxa persoas que senón están dacordo con eses "peros" que contesten e argumenten que non comparten ese ese "pero" e expresen a súa opinión. Por curiosidade quixera preguntarlle a Dan Vrao se leu o libro e en caso afirmativo se nón lle resultou frio como a Ronsel.
Saúdos
Grazas Anxo, por expresar a túa opinión. Xa estaba dubidando de se era positivo ser sinceros...
Os "peros" non son un problema: son unha beizón, unha eiva da meirande parte da crítica literaria galega. Bravo, pois, por este "pero". Porén, un "pero" que pague a pena, un "pero" que poidamos tomar en consideración, ten de ser un "pero" obxectivo e argumentado. Explícome: a min "Extramunde" pareceume todo o contrario, conmoveume até o punto de lela nunha soa tarde. Xa que logo, ambos os dous poderiamos estar discutindo durante horas sen chegar a ningures se as únicas razóns que empregamos para xulgar unha novela son afectivas. Bravo polo "pero", mais temos de argumentar con universais: é fundamental para darlle valor á nosa opinión.
Prezado Marcel. Eu non son crítica literaria nin pretendo selo. Eu dou a miña opinión. Alédame moitísimo que non coincida coa túa e non teño nada que discutir, porque aí está a grandeza da literatura, que cada obra ten un público diferente e gusta a persoas distintas. Pero "pero" indica o que eu sinto, a eiva que para min, como lectora, presenta. Máis nada. Sigo a dicir que é unha boa novela ben escrita.
Cando a novela está ben escrita os "pero" supoño que só poden ser subxectivos. Eu opino subxectivamente porque son lectora e falo da miña experiencia como tal. Se eu fose crítica tería de ter un blogue de Crítica Literaria como hai outros por aí na rede. Pero ti aseguras que teñen unha gran eiva: non poñen "pero".
Grazas por participar en tan interesante debate.
Para min un pero non desacredita unha obra, senón que me indica unha lectura atenta e valorativa coa que podo coincidir ou non. Aquí non sei se o caso será un ou outro porque non lin aínda a novela, pero do que estou agradecida e de poder ler "peros" de cando en vez ao que se publica en Galicia. Parabéns Garcia, e non perdas nin un chisco do teu sentido e compromiso crítico con este blog e con nós, teus lectores.
Saúdos.
Publicar un comentario