Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/11/11

La campeona mundial de mantenerse despierta


Con texto de Sean Taylor e ilustracións do incomparable Jimmy Liao publica Barbara Fiore La campeona mundial de mantenerse despierta, álbum que destaca polas súas ilustracións, non podía ser doutro xeito sendo de quen son. Unha nena que non pode ir durmir sen antes deitar aos seus xoguetes preferidos, facendo todo o necesario para que estes durman antes ca ela. As ilustracións son extremadamente doces á vez que divertidas, construíndo un álbum fermoso para os máis peques e a súa imaxinación sen fin.


2 comentarios:

Xabi dixo...

Este vouno mercar para a miña neta, Martina (2 anos e medio). Ultimamente durme mal, así que, a ver se meténdolle as monecas todas na cama consegue durmir mellor...
Hoxe rinme a cachón con ela, coma é o habitual, por outra parte: mentres eu almorzaba, e para acompañarme, xuntou no piso da cociña toda a súa colección de monecos e monecas (12 en total); púxoas sentadas e ela sentouse diante delas a lerlles un conto... Dixo: "Están no cole".


Ronseis: se vos parece unha parvada (chocheces de avó), borrade o meu comentario. Entendereino!

Ronsel dixo...

Borralo? Encántame! E o libro é precioso, verás!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.