Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/11/11

A min non me comas


Temos nas mans un libro completamente vermello, con texto de Margarita del Mazo e ilustracións de Vitali Konstantinov, A min non me comas está publicado por OQO. Un libro para traballar o medo ás sombras que case todos os nenos e nenas sentimos algunha vez, e que só superamos ao ir medrando. Seguramente o que máis chama a atención deste libro é a cor que o domina por completo; o vermello é a cor do monstro e é tamén a cor do álbum, unha cor que simboliza paixón ao mesmo tempo é símbolo do medo que o libro quere transmitir. Non sei se é unha elección acertada, a min non me gusta demasiado e creo que é mesmo ata cansina, pero non son unha experta, claro.


Era una noche sin luna… El reloj daba la UNA… ¡DONG! De pronto, Mateo se despertó asustado. Había escuchado un ruido detrás de la puerta, donde estaban colgados los abrigos. Miró hacia allí, pero solo vio una sombra… Abrió mucho los ojos, sin parpadear, y la sombra se transformó en un… ¡MONSTRUO!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.