Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/11/11

NADA el pensamiento

Fermosísimo álbum ilustrado que publica Edelvives, Primeiro Premio do VI Concurso Internacional de Álbum Infantil Ilustrado "Biblioteca Insular Cabildo de Gran Canaria", NADA el pensamiento das irmás Helena Santolaya e Antonia Santolaya.
A verdade que desta volta o que máis me chamou a atención foi o texto, entre lingüístico e filosófico, que me encantou. Todo o conxunto é poético, cun aire cheo de sensibilidade que fai do álbum unha proposta moi orixinal e especial. Ilustracións e texto conforman unha comunicación, un diálogo onde o "cento é o corazón".

El pensamiento es invisible y libre, el pensamiento es compañero de viaje de la imaginación, el pensamiento puede ser una flor o un pez de color rojo. Para el pensamiento no existe la frontera.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.