Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/11/11

Non á violencia contra as mulleres (CCXXX)

Teño a sorte de ter lectores tan atentos que me axudan a crear entradas. Unha fermosísima canción que nos propón Xabi, a "Canción de Gabriela" da película "Tierra de Ángeles".
Moitas grazas pola aportación, prezado Xabi.



Mentres, seguimos a ler noticias tan aberrantes coma esta, que inda ten a capacidade de abraiarnos mentres a rexeitamos e agardamos tempos de iguldade: Unha muller afgá condenada a 12 anos de cárcere por ser violada.

En Colombia non quedan atrás: si no es para mí, no es para nadie.



5 comentarios:

anxoboiro dixo...

Gustoume moito a canción de Gabriela, que propuxo Xabi. O que non me gustou foi o xeito de meter os subtítulos da letra, debían ser máis pequenos e colocados na parte inferior para non "machacar" a imaxe.
Saúdos

Xabi dixo...

A verdade, pensei que xa coñecias. Trátase dunha película ben fermosa que eu sempre lle poño aos meus coros. Toda unha parábola sobre a vida dun coro popular, chea de valores e de mensaxes positivas. Moi recomendable (a pesares dalgún "pero").

Ronsel dixo...

Tes razón, Anxo. Son ben grandes as letras.
Xzbi, eu creo que xa me falaras dela, pode ser?

Xabi dixo...

Ronsel, seguro. Xa a vin tropecentas veces. Véxome moi reflectido no personaxe do director do coro e recoñézome en moitas sitacións polas que pasa a vida do grupo. Así que, seguro que xa che tiña falado dela.
A canción cántaa unha das sopranos que sofre, na súa familia, malos tratos do home e que encontra no coro unha rede social que a protexe e axuda.
Estou de acordo no dos subtíduos.

Ronsel dixo...

É moi fermosa, Xabi, grazas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.