Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/11/11

Non á violencia contra as mulleres (CCXXXIII)

Primeiro chegoume por Anxo, logo recomendáronmo no Facebook. Paréceme xenial:

Moitas adolescentes buscan en internet como esconder as pegadas da dor. Queren saber como disimular uns beizos inchados, como vestirse para que as súas parellas non se molesten... E non saben o que é o maltrato. De aí a existencia destes consellos: Comezan como calquera outro: coa mesma linguaxe, o mesmo ton, a mesma protagonista. Porén, o final é moi diferente, xa que se animará á adolescente a denunciar o maltrato.
O Instituto da muller e a Secretaría da Igualdade do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade está detrás desta campaña. A idea xurdiu na axencia de publicidade "La Despensa". Falaron con blogueiras e xuntos gravaron os vídeos. Así, cando as adolescentes vaian á internet por estes temas acabarán atopando unha mensaxe de denuncia.
Os vídeos afástanse da linguaxe publicitaria. As blogueiras utilizan as súas formas de sempre. As frases foron pronunciadas por mozas maltratadas.

1.- Qué ponerte para que te deje salir/Que poñer para que te deixe saír:



2.- Cómo disimular los labios hinchados/Como disimular os beizos inchados:



3.- Cómo maquillar un ojo morado/Como maquillar un ollo morado:



4.- Cómo llorar sin que se corrar el rímel/Como chorar sen que corra o rímel:




5.- Cómo voy hoy/Como vou hoxe:



Vía

Nesta sociedade tan "moderna", aínda lemos cousas coma esta

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Caminaba de puntillas por un pasillo largo y solitario, con sus ojos enrojecidos y su habitual cara de cansancio, ya no habían lágrimas que aliviaran el dolor que su alma estaba soportando ni gritos al aire que le despojaran del peso que seguía aguantando... Arrastrando ambos pies dio por finalizado si interminable viaje dejando caer su cuerpo en las sábanas de una cama que le recordaban que se había marchado. Pequeños trozos de cristales rotos alrededor de un marco destrozado dejaban ver el retrato de dos figuras felices que se abrazaban como si nada de todo aquello hubiera pasado... una instantánea que siempre le recordaría que no todo fueron golpes, gritos, discusiones e insultos, también hubieron caricias, disculpas y besos apasionados...


Un abrazo
A.

Ronsel dixo...

Moitas grazas, A., pola minicurta que nos deixas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.