Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/11/11

Os sete irmáns chineses


Rodolfo Castro reinterpreta esta simpática historia da tradición oral chinesa para dar vida, xunto coas ilustracións de André da Loba a este libro publicado por OQO: Os sete irmáns chineses fala de que todas as persoas son diferentes, por moito que se asemellen. Por iso todos somos necesarios. Estamos asemade ante unha reinterpretación do David contra Goliat, pois volve ser o humilde quen finalmente gañe ao poderoso.

Os sete irmáns chineses… eran seis.
Aínda que, ao principio desta historia, só había cinco.
Vivían preto do mar.
Ninguén os podía distinguir, porque eran todos iguais.
Para non confundirse,
súa nai chamáballes Li a todos.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.