Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/11/11

Viva la vida


Un cómic asinado por Baudoin e Troubs e publicado por Astiberri: Viva la vida. Los sueños de Ciudad Juárez. Un libro que busquei pensando no 25 de novembro e que quere apostar pola esperanza en contra da realidade diaria dunha cidade no que cada día morren asasinadas moitas persoas, famosa polo seu terrible feminicidio, pero onde a xente tamén ten os seus soños, eses que se empeñaron en recoller estes autores debuxantes de historias.
É un cómic diferente que mestura reflexión, narración e diálogo, obxectividade e subxectividade, o que fai que esteamos ante un libro indispensable: un debuxo a cambio dun soño, iso é o que ofrecían os autores. Quen se pode negar? Un cómic-caderno de viaxes cheo de emocións e emotividade, onde observamos de primeira man como vida e morte pasean da man nunha cidade castigada por estar, seguramente, demasiado preto dunha fronteira infranqueable. Onde ser muller é máis difícil que noutras partes do planeta. Onde, a pesar de todo, hai futuro.




Viva la vida. Edmond Baudoin et Jean-Marc Troub's from CasadeFrancia Digital - IFAL on Vimeo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.