Coma se se tratase dunha premonición, acudín ao correo de Trafegando e atopeime con Agustín. Na súa xenerosidade lembrouse de nós, coma quen non quere a cousa, facéndonos sentir importantes, para mandarme estas súas letras nas que ben paga a pena demorarse. Resulta emotivo, e emocionante, telas no noso correo, aínda que pululen na arañeira galega grazas á editorial Xerais e a Manuel Bragado.
Estou falando do discurso previo á entrega do Premio Iberoamericano SM que se lle entregou na FIL de Guadalajara o 29 de novembro de 2011: "Ler para transformar o mundo". Unhas palabras nas que fala de soños feitos realidade, onde reflexiona sobre o oficio de escribir, e sobre a necesidade da lectura.
Agustín Fernández Paz constitúe un motivo de orgullo para os galegos, unha persoa da quen presumir, nestes tempos escuros onde ás veces semella que hai moi poucas luces. El é un faro potente que nos guía. Grazas, Agustín, por todo.
Ademais, temos a posibilidade de reproducir a gravación do seu discurso, e oír ao mestre, non só lelo, que é ao que estamos realmente acostumados.

1 comentario:
Extraordinario home!
Publicar un comentario