Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/12/11

Canto de Nadal



Se alguén a estas alturas me di que non sabe que regalar no nadal... mellor calo, sería politicamente incorrecto. Xa vos teño falado duns cantos libros-alfaia cos que ides quedar ben, seguro. Pois ben, se aínda o dubidabades, propóñovos un que non ten fallo: Kalandraka vén de publicar esta clásico de Charles Dickens Canto de Nadal. Ah! Que o libro xa o coñecedes e non vos interesa... Agardade un momento, inda non rematei. Este libro está ilustrado por... ROBERTO INNOCENTI!!! Si, o mesmo! Así que maxinade como pode ser de fermoso... Hoxe no instituto íallo ensinado a toda persoa coa que me topaba no corredor ata chegar á biblioteca. Que estupenda marabilla ter isto entre as mans.
Hoxe máis ca nunca: regalade libros en galego. Hai moito onde o escoller. Para ler, para mirar, para sentir, para alucinar, para viaxar, para saber, para soñar, para viaxar... para non estar aquí.



–E que lle queres –respondeu o tío– se vivo nun mundo de tolos coma este? Bo Nadal! Xa está ben de Nadal! Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para pagar facturas sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano máis vello e nin sequera un chisco máis rico; unha época para facer balance da contabilidade e encontrar todos os gastos de doce meses a deber? Se aquí mandase eu –dixo Scrooge indignado–, a todos eses idiotas que andan por aí con iso de «bo Nadal» na boca habían de queimalos vivos e enterralos cunha estaca de acivro chantada no corazón. Ala!

Sobre o libro, en Papel en blanco.

2 comentarios:

Martin 2ºA dixo...

Un libro no que poder distraerse do mundo actual.
Cada folla unha auténtica maravilla.

Ronsel dixo...

Prezado Martín: que ledicia que che gustase!!! Graciñas polo comentario.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.