Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/12/11

A coelliña Marcela



Publica Kalandraka este delicioso conto sobre a igualdade con texto de Esther Tusquets e ilustracións de María Hergueta: A coelliña Marcela. Un texto que xa ten os seus aniños para falar de tolerancia e xustiza social nas comunidades dos coellos que ben poden traspasarse á humana. Un ser diferente que nos lembra que a sociedade componse de diferentes razas e que todas elas son iguais. Unha fábula moderna onde todo o mundo cabe e a mestizaxe é a solución perfecta. As ilustracións son moi realistas e destacan as cores utilizadas: o álbum é amarelo, a miña cor preferida! Esta cor é utilizada para xogar coa uniformidade das diferenzas.
Chama a atención a portada, coa coelliña con gafas e o fuciño atado, algo que comprenderemos coa súa lectura e que é o espello das inxustizas sociais que cometemos cada día na nosa sociedade.



Os coellos brancos andaban sempre moi ergueitos e miraban de fronte cara adiante e , pola contra, os coellos negros andaban coa cabeza gacha mirando cara ao chan. Esa era a razón pola que os coellos brancos e os coellos negros nunca cruzaban as súas miradas...


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.