
Así, a novela negra convértese tamén nunha novela social actual, realista, que mesmo introduce a final de fútbol de España, escena que tampouco ten desperdicio mesmo polas razóns que impulsan aos gregos para pórse a carán dos españois. A ironía e o sarcasmo que salpican as páxinas son unha gozada.
Ides pasar un tempiño ben agradable na súa lectura. Sobre todo naqueles momentos en que o protagonista fala de que fai o que fai como bo grego, como o uso do "tonton". Para troncharse.
Ides pasar un tempiño ben agradable na súa lectura. Sobre todo naqueles momentos en que o protagonista fala de que fai o que fai como bo grego, como o uso do "tonton". Para troncharse.
6 comentarios:
¿E non hai metanarrativa implícita? ¿E hai unha coherencia clásica nos personaxes? ¿E hai historias ben fiadas?¿E hai un pensamento ben organizado?...
En fin, querida amiga, ¿trátase ou non dunha grande novela ou dunha novela morta?
Hai qie mollarse!
Ola Xavi. Eu non son crítica literaria, síntoo, como para poder contestar a tanta pregunta. A novela gustoume, paseino ben, e recoméndocha. Non é a mellor novela negra que lin, pero cumpre a súa función, é entretida e actual. Está a lela meu pai, de case 92 anos, e encántame ver como a devora e como o número de páxinas diminúe cada vez que vou alí. Si, a historia está ben fiada e o pensamento ben organizado, supoño.
Que esixente te estás a volver comigo!
Vaaaale! O argumento do teu pai é, para min, definitivo.
(¿Ula a túa fina ironía doutros tempos?)
Diversión ,actualidade , : lectura apropiada para miña nai . Que idea. Son 65 anos neste caso ... pero o de miña nai ten a súa historia .Comezou a ler hai seis anos con certa asiduidade ... Pois leu a Triloxía Millenium , agora anda coas aventuras de Leo Caldas ...Está claro que a policíaca éa que máis a engancha. Cando lle dou algo que non lle gusta dime : "Pero ti queres poñerme tola"
Querido Xabier, a ironía segue aí, a pé de páxina. Non se perde, nin en fin de ano!
Un bicazo
Prezada Elvira: seguro que á túa nai lle gustará. É unha marabilla oír estas historias. Dálle un bico da miña parte, e se este libro lle pon a cabeza tola, será a miña culpa. Entón recomendareille outro, a ver se acerto!
Publicar un comentario