Non adoito facer este tipo de post. Non me gusta poñer en entredito a actuación de ninguén. Pero, unha vez máis, debo falar da carencia de educación que asolaga o noso país. Mergullados nela quizais haxa xente que non se decate sequera do que sucede, acostumados como estamos a que persoas que ocupan postos importantes fagan gala dunha falta de educación tal que eu síntome avergoñada.
Vén a conto isto porque veño da presentación dun libro na miña vila, un libro sobre Neira Vilas. A verdade, foi un pracer escoitar un home desa idade con esa memoria e tantas anécdotas que contar. Porque cinguiuse sobre todo a iso: contar diferentes pasaxes da súa vida e dos 50 anos do Balbino.
Nesa mesma mesa presidencial, un político non só semellaba non estar interesado no que alí se dicía (mesmo chegou tarde) senón que estivo todo o tempo co móbil na man. Quizais recibía mensaxes de extrema importancia. Non sei. Quizais se estaba xogando o futuro do noso país neses momentos nas súas mans (dubídoo). A min recordoume que ao alumnado non lle deixamos entrar co móbil nos centros. Quizais teñan que tomar este tipo de medidas cos políticos. Como imos educar dende a base se a cúpula non ten unhas normas mínimas de educación? Falaba Neira Vilas de percorrer Galicia para coñecer a súa xeografía e a idiosincrasia das súas xentes. Preoucupoulle a este político facer unha parte deste percorrido vital para aprender algo?
O problema do noso país, o desamor pola lingua, a queima das árbores, a plantación de eucaliptos, o lixo, o rexeitamento polo que nos é propio, o machismo, a violencia de xénero, a deshonra, a caradura... todo é cuestión de educación. O noso é un país inculto gobernado por xente inculta á que non lle preocupa culturizarse.
Mal imos.

2 comentarios:
comparto todo o que dis, tamén o de que así mal imos, mais o que temos que tentar facer é poñerlle remedio (uníndonos todas e todos os que pensamos isto co único obxectivo de botalos e comezar a construír unha Galicia que se ame a si mesma), e eles, os desleigados caradura, saben que iso non é fácil.
Ola, non estiven nese acto, pero polo que explicas non entendo que unha persoa que se sente na mesa do conferenciante poida facer eso, o máis lóxico sería por exemplo que se disculpara, non poido asistir por tal motivo ou xurdiu algo e teño que marcharme en cambio facendo o que fixo non ten xustificación e fai de mal exemplo.
Levaba días sen pasarme por aqui e quedei asustado de tantas entradas interesantes para ler e mirar.
Saúdos
Publicar un comentario