Ediciones La Cúpula publica este cómic de Kim Deitch, El Bulevar de los sueños rotos, que máis semella unha curta en branco e negro que mesmo un cómic. Aínda que o argumento está en liña co que dicimos: un estudo onde se elaboraban curtas e a difícil situación que se vivie tras a recente chegada e posterior éxito a este mundo dos estudos de Walt Disney, estilo que se pretenderá ser copiado por moito que os autores pretendan manterse incólumes dentro da súa propia liña, algo que lles será prohibido pola forza encónomica que isto conleva. E polo medio un gato que todo o fai e o desfai, e que se converteu no rei dos meus soños cando rematei a lectura e fun durmir. Incrible. E todo pola forza da súa lectura, xa que nela podemos contemplar as tripas da animación e a forza da arte levada da man por un personaxe imaxinario ou fantástico, cheo de maldade que é quen de ofrecer as mellores ideas de creación ao protagonista da nosa obra. Precisamente, a crenza na arte deste é quen lle dá título ao libro, metáfora dos soños dun autor que non se quería vender ante a crítica nin ante o mercado. E que acaba caendo porque o espírito capitalista é quen goberna.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
12/12/11
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario