Hai uns meses, un dos nosos comentaristas máis activos, chamado "anxoboiro" escribiu ao noso correo para comentar que lle apetecería moito crear un club de lectura virtual. Teño que recoñecer que non prestei demasiada atención á súa proposta, ata que un día me chamou por teléfono e pareceume tan envolvido pola suxestión, con tantas ganas de compartir lecturas, con tanto amor polos libros, e cunha voz tan doce, que me deixei levar. Nun principio, só quería convencelo para que fixese realidade os seus anceios. E non sei como, pero eu formaba parte deles (Logo souben que unha moza chamada Laura tamén!)
Así que... aquí estamos. Creando un club de lectura virtual para todos e todas vós, para quen queira, simplemente, ler un libro, reflexionalo, compartilo; saber o que pensan outras persoas desa mesma lectura; saber algo máis do autor.
De momento, Anxo, Laura e eu propoñemos un libro para cada mes: xaneiro, febreiro e marzo. Laura decidiu comezar por un dos grandes, Paul Auster, e cun dos seus libros traducidos ao galego: Sunset Park, na editorial Galaxia. E o segundo será a última novela de Fran Alonso, moi apropiada ademais para unha casa virtual...
Como participar? É moi sinxelo: non tedes máis que ir a este blogue, "Falemos de lecturas" e alí xa volo explicamos todo. Só hai que ler. Pensar sobre o lido. E, sobre todo, gozar coa maxia da lectura. O resto vén só.
Se non vos convencen os títulos suxeridos, tamén temos en conta as vosas opinións. Veña, animádevos!!!

2 comentarios:
PARÉCEME UNHA IDEA ESTUPENDA. OS MEUS PARABÉNS. DIFUNDO E A PARTIR DE XANEIRO PARTICIPO.
Pois moitísimas grazas, por axudar a difundilo, e por animarte a participar. Verémonos logo en xaneiro nun novo domicilio virtual.
Publicar un comentario