Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/12/11

La abuela necesita besitos


Un novo, delicado, tenro e fermoso álbum sobre o Alzhéimer. Ana Bergua e Carme Sala publican en Proteus La abuela necesita besitos. O libro podería ser un caso real, un de tantos, pero nesta ocasión é a nena-neta quen conta como non entende que lle pasa á súa avoa, quen xa non é quen de xogar e contar contos coma antes, e quen mesmo chega a perderse na súa propia casa. Un álbum fermoso que achega esta enfermidade aos máis peques dende o respecto e a sensibilidade.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.