Xa falei aquí unha vez dun libro de Edward Gorey. Se o coñecedes, sobran as palabras. Libros del Zorro Rojo dános a posibilidade de nos abeirar a este home que sorprende co seu expreso achegamento á morte e ao macabro. Con La fábrica de vinagre, tres tomos nun, volvemos ao destino tráxico infantil e iniciámonos na transgresión máis pura, no libro que máis me gustou dos tres que compoñen o tomo: Los pequeños macabros. Aquí un alfabeto de destinos tráxicos consegue deixarnos a alma xeada, sen necesidade de recorrer a un filme de terror. É impresionante!
Desde logo, constitúen un universo diferente e case aterrador que segue a sorprender medio século despois de ser creado.
Desde logo, constitúen un universo diferente e case aterrador que segue a sorprender medio século despois de ser creado.
Sen comentarios
Publicar un comentario