Normalmente agardo un par de días para falar dunha novela que acabo de ler; gústame repousala no meu silencio lector antes de comezar outra e remoela na miña memoria buscando aqueles detalles que máis chegaron ao fondo do meu corazón. Porén, hoxe non son quen de agardar para vos falar deste libro que veño de rematar, que me roubou tempo de corrección de exames e horas de sono, que fixo que aniñase no meu interior o vento seco da guerra e da inxustiza e que me acubillou no seu seo mentres gozaba da súa lectura en cada instante. Non sei se será moi temerario dicir que estamos ante unha das mellores novelas que a literatura galega contemporánea nos vai deixar, estou certa de que non son eu a persoa axeitada para comentalo sequera. Pero é a miña humilde opinión: Laura no deserto de Antón Riveiro Coello, publicada pola editorial Galaxia, é unha gran novela, un libro que deixa un pouso no lector, que arrastra, que domina a túa corrente para facela súa e que está chamada a perdurar na memoria dos tempos. Unha novela que confirma o bo estado actual da nosa literatura, un libro que acredita ao seu autor como un dos grandes entre os máis grandes, un libro que pode ser levado tamén á grande pantalla e que merece un posto de honor nas listas da nosa literatura.
Antón Riveiro Coello consegue esa maxia que procuro nas miñas lecturas: deitarme canda os personaxes para seguilos soñando, levalos comigo preocupándome polos seus próximos pasos, acochalos no meu amparo para salvalos dun sufrimento seguro, preocuparme polo seu futuro inmediato. Seguir lendo e lendo, chea de nervios, para saber que vai ocorrer. Non poder deixar o libro e levalo comigo coma unha parte máis do meu corpo.
Non vou falar do seu argumento, xa sabedes que non adoito facelo: para iso xa tedes a contracapa ou a información na páxina da editorial. Nela fálase do sufrimento das guerras, da guerra civil española, da monstrosidade nazi, do amor aos libros e aos seus autores, da fascinación pola Pobra do Caramiñal... hai moita literatura engarzada dentro da novela, hai novelas dentro da novela...
Poderedes preguntar? Non é demasiado longa? Non lle sobras páxinas? E direivos que non. Que entraredes nas súas páxinas e que estas serán un salaio curto que non podedes abandoar até o final. Que non miredes o número de páxinas porque o contido paga a pena. Que viaxedes ao deserto de Laura e que sufrades con ela as atrocidades que é capaz de infrinxir o ser humano.

3 comentarios:
Polo que dis ti e tamén outros, todo apunta a que estamos ante a novela do ano (2011 ou 2012, tanto ten)
Si señor. Rematei e acredito todo o que dis e diría máis: Cada páxina non ten desperdicio. A arquitectura da novela é dunha enxeñería tal que consigue reter a historia dentro do lector por moito tempo. Por outra parte paréceme a mellor das homenaxes que se lle estan adicando a Mercedes Núñez.
Por se quedaban dúbidas, Antón é do melloriño que temos en Galicia como escritor.
Gran novela. Para min é o mellor narrador que temos hoxe na literatura galega.
Publicar un comentario