Mariano Casas publica en El Patito Editorial Mensaxes, un cómic que resultou ser o Premio Castelao de Banda Deseñada no ano 2008, un libro que se sitúa na apocalipse final da desorde e o caos. O libro conta as últimas horas de vida dunha parella refuxiada nunha imprenta, onde el debuxa constantemente o que lles ocorreu para que quede constancia no futuro do sucedido mentres ela non se resigna a morrer. Chama a atención a cor utilizada, sempre forte, que rematará sendo só vermella, e a propia narración que nas páxinas iniciais non presenta ningunha figura humana. Un cómic interesante.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
26/12/11
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario