Antón Riveiro Coello, xeneroso de seu, fíxome chegar este seu libro que el deu en denominar "álbum" porque sabe o meu amor por tal formato de publicacións. Porén, debo precisarlle que este fermoso volume que tivo a ben agasallarme (seguramente nunca o vería diante se non fose deste xeito) é un libro ilustrado; ilustrado por Pilar Sevillano Cuadrado e editado polo Centro de Cultura Popular do Limia.
O libro conta a lenda do río Limia, esa que outorga poderes máxicos á súas augas facendo perder toda lembranza a quen ouse cruzalo. Unha lenda que é contada polo profesor na aula e que o noso protagonista non tardará en facer súa, soñándoa e facéndose protagonista da mesma.
Coa prosa engaiolante de Riveiro Coello, imos evocando unha memoria común da zona e imos acariñando a sedución dunha historia que non coñeciamos e que ao mesmo tempo procuramos próxima como ben colectivo protexido do esquecemento do noso ou de noso, que é algo demasiado real na nosa sociedade.
Así que se tedes oportunidade de atopalo nunha libraría, achegádevos a el e olládeo, de seguro que vos atraerá o seu misterio. Máis sabendo que o texto é garantía de autor.

9 comentarios:
Como dices ben a prosa é engaiolante pero creo que o realmente xenial son as ilustracións, que fan que a historia se che meta polos ollos. Estupendo traballo Pilar Sevillano.
Desta volta, a min particularmente, gústame máis o texto. Grazas polo comentario. Saúdos
A prosa non é engaiolante para nada. A estratexia narrativa da que parte o autor: a explicación do mestre na escola, a conversa co avó e o soño do cativo derivan nun relato pouco entretido e bastante pesado para os lectores miudos. As ilustracións, en cambio, son realmente magníficas.
Á prosa podería ter dado máis de si. Fáltalle raza. É un conto para nenos en todo menos no texto. A historia tal e como está formulada ten escaso atractivo para o lector miudo. É unha lástima porque as ilustracións, efectivamente son magníficas.
O realmente interesante, as ilustraciós. Os nenos que coñezo non se divertiron moito que digamos coa historia.
A historia, un tanto aburrida. Con este contido, podería saír un relato máis atractivo para os lectores miudos.Estou dacordo con Aurora, o traballo de ilustración é magnífico.
Moitísimas grazas a toda polas vosas achegas e opinións. A maxia da literatura ilustrada!!!
Pido disculpas a Ronsel por ter sido tan pesada cos comentarios: Emperreime en que facía algo mal ó non velos publicados de modo instantáneo e insistín de maneira caprina unha e outra vez. Quedade con un e desbotade o resto.
Un saúdo e perdoade.
Mave/Avelina
Non pasa nada, Mave, eliminaranse. Grazas pola visita e por contribuír. Saúdos
Publicar un comentario