Na miña procura de textos teatrais para o meu alumnado chego a este Os reloxos preguiceiros da néboa de Xavier Lama, publicado pola editorial Xerais, V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2010. Un libro que me gusta xa dende o propio título, tan suxestivo, e que nos ofrece un divertido texto sobre unha cidade, Néboa, que vive no caos máis absoluto porque os reloxos non funcionan e porque unha brétema absoluta non deixa orientarse aos seus cidadáns. Como boa cidade que se precie, a súa alcaldesa é a máis preocupada coa situación, polo que decide buscar unha detective que lle axude a resolver o enigma. E así procúrase unha atmosfera intrigante.
Ten dende o meu punto de vista un fallo final ao utilizar unha frase moralina que adoitamos atopar na literatura infantil e xuvenil:
"En realidade, para sobrevivir necesitamos que os nenos e os maiores non dediquen algún tempo da súa imaxinación. Desculpe o que lle vou dicir, pero as videoconsolas, os ordenadores, a televisión e as súas series animadas con personaxes de fantasía coleccionables, os xogos de ordenadores... todo iso xa imaxina por eles. Pero nós necesitamos que alguén conte un conto ou lea un libro e que nos imaxinen, cada un ao seu xeito, para que poidamos seguir vivindo".
Non esquezamos falar das ilustracións de Xosé Tomás que acompañan o texto, axudantes de dirección desta obra teatral.

Sen comentarios
Publicar un comentario