Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/12/11

Perigos da adolescencia


Se ides a esta información falaranvos dos novos perigos que poden atacar aos adolescentes arestora:
  • Sexting: Consiste no envío de material con contido sexual (principalmente fotos u vídeos), creados en xeral polo protagonista do contido e enviado a outra persoa utilizando elo teléfono móbil.
  • Sex-casting: Gravación mediante a webcam de contido sexual e difundiro mediante o e-mail ou calquera dos medios disponibles nas redes sociais.
  • Ciberbullying: Acoso dun menor cara a outro menor, mediante insultos, ameazas, vexacións, chantaxe, etc, utilizando as novas tecnoloxías.
  • Grooming: Conxunto de estratexias que unha persoa adulta utiliza para ganarse a confianza do menor a través de Internet co obxectivo de conseguir concesións de índole sexual, xa sexa o envío de fotos ou vídeos como de manter un contacto físico.
  • Sextorsión: Chantaxe utilizando material con contido sexual da vítima, á que se ameaza coa súa publicación.

6 comentarios:

Martin dixo...

O triste é que isto pasa na realidade e non se deberían usar as tecnoloxías para isto.

Cristina dixo...

Isto está a pasar moito ultimamente porque cada vez hai máis menores na internet e os pederastas aproveitan para enganlos

Ana dixo...

Creo que este tema é bastante importante, pero non todos somo así. Non hai que confiar na xente que coñezas por páxinas de internet, nin enviar fotos de contido erótico, ou non.

Im-Pulso dixo...

Perigos que xa existían, o único que está a cambiar son as formas.

Ronsel dixo...

Si que existían os perigos, e existirán sempre, por iso é tan importante e a formación e a educación.

Anónimo dixo...

iso, iso...non todo o monte´é loureiro

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.