Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/12/11

A pota que trota


A partir dun conto tradicional danés, A pota que trota conta con texto de Patacrúa e ilustracións de Kristina Andres; publicado por OQO, é unha metáfora da solidariedade e do egoísmo a partes iguais, e isto é posible grazas a unha pota que reparte o que lle sobra ao rei entre os que nada teñen. Así, aprenderemos con moito humor que a equidade é a mellor das solucións mentres admiramos as ilustracións tan ben conseguidas para acoplarénse ao texto.




6 comentarios:

Anónimo dixo...

Grazas por nos agasallar con estas pezas tan fermosas.
Anxos
http://cousasdeclase.blogspot.com

Ronsel dixo...

Grazas a ti pola visita!

Marina dixo...

Grazas por tanta publicación e tan boa. A pota que trota gústame para poñerllela ós meus alumnos de 1º de ESO. Podo facelo?

Ronsel dixo...

Ola Marina. Eu o que fago con estes álbums ilustrados é lerlles cada día un, antes de comezar a clase, e logo debater sobre o que nos suxire o libro e os temas dos que fala un anaquiño de tempo. Como libro de lectura non che vai servir, creo, aínda que non sei se é iso o que preguntas. Saúdos, e grazas.

Marina dixo...

Pensaba no material audiovisual.Terei en conta a túa suxestión.
Grazas a ti.

Ronsel dixo...

Ah! Entón si! Perdoa

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.