Este luns día 5 de decembro visitounos Rodrigo Chao, a quen lle dou as miñas máis expresivas grazas por non dubidar nin un só segundo en me facer o favor de vir ao noso centro e compartir co noso alumnado o seu bo facer de iulstrador.
Principiou a súa exposición falando dos ciclos que se poden facer para ser ilustrador: Ilustración, Deseño Gráfico, Fotografia, en Ourense ou na Coruña.
Logo falounos da elaboración dun libro, a lectura detida do texto, a fixación das escenas que se van ilustrar, os debuxos iniciais son bocetos que logo pasa ao ordenador para utilizar o Photoshop.
Logo realizou un obradoiro de ilustración: debuxos a partir de formas xeométricas, o uso de moitos trazos, eixo vertical e horizontal, as proporcións, o debuxo dos ollos, das expresións.

Sen comentarios
Publicar un comentario