Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/12/11

A viaxe de Olaf



Martín León Barreto é o autor de A viaxe de Olaf, IV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados 2011 publicado pola editorial Kalandraka. Un álbum especialmente dirixido aos máis pequenos por presentar esa estrutura repetitiva e circular tan típica dos contos infantís. Pero nesta viaxe especial que o protagonista decide realizar estará acompañado non por uns animais calquera senón por animais fantásticos e míticos como o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante... Por suposto, destacan as ilustracións cheas de cores, onde a xeometricidade das formas destaca no ar dinámico que presentan.
Que fermoso agasallo poden traer os Reis Magos este nadal!!!





9 comentarios:

Cris dixo...

Este libro non estivo mal, pero as ilustracións non me gustaron.

carmen dixo...

Este conto ten unhas ilutracións chamativas e é precioso que se leven todos ben

brais dixo...

o libro non me gustou moito pero ten unhas ilustracións bonitas e abstractas

yoli dixo...

O libro gustoume polas ilustracións que eran bastante chamativas e con formas xeométricas.

martin dixo...

Este libro ten unhas ilustracións un tanto estrañas pero de gan nivel, gustoume.

vanesa dixo...

Este libro non me gustou moito pareceume algo aburrido.

rafa dixo...

este conto estivo ben porque parecía un tetris

Noemi dixo...

Este libro é aburrido, non me gustou moito.

ivan dixo...

este conto gustoume moito e as ilustracións eran moi complexas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.