Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/12/11

Zoológico


Outro clásico de Anthony Browne editado por Fondo de Cultura Económico: Zoológico podería semellar que é tan só unha visita máis dunha familia calquera a un zoolóxico, pero o autor, por medio das ilustracións, enriquece a historia grazas a todo o que nos di por medio delas: a expresividade das faces permite que o lector interprete a personalidade que hai detras dos adultos, un pai autoritario e unha nai sensible. Por medio das ilustracións, asemade, coñecemos todo o público que pasea polo zoolóxico, o que nos permite destacar a sensibilidade do texto ilustrado cara aos animais, e non cara ás persoas, que se comportan dun xeito máis animalesco.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.